luns, 15 de febreiro de 2016

O pronunciamento

O 2 de abril de 1846 pronúnciase na praza Maior de Lugo o 2º batallón do Rexemento de Zamora, que estando de guarnición na Coruña fora trasladado a Valladolid, precisamente porque se agardaba que se pronunciara. Aproveitando o seu paso por Lugo e a presenza nesta cidade dun grupo progresista moi importante, decidiron facer nesta cidade o seu levantamento.
Nesta previsión chegara a Lugo Miguel Solís y Cuetos, quen se puxo ao fronte deste batallón, o que parece revelar que os altos mandos deste non colaboraron co alzamento.  Miguel Solís era Andaluz, nacera en 1816 e acababa de cumprir os trinta anos. Era sobriño do tenente xeneral Evaristo San Miguel. Durante sete anos estivera na Armada. Só tivo mando entre 1837 e 1841, curta experiencia militar para un fututro caudillo. A ausencia de altos mandos explica que Solís asumira o mando aínda sen pertencer ao rexemento. Na dirección do levantamento falouse da súa falta de carácter e un exceso de utopía, pero estas debilidades compensabanse con outras moi boas,  era un gran defensor da liberdade, era moi leal, e mantiña a súa palabra. Xa pronunciado o exército de Lugo o día 2 e o día 4 pronúnciase o exército de Santiago. Despois destes dous exercitos pronunciabanse os de Pontevedra o día 9 e o día o de Vigo.
O Capitán Xeneral foi capaz de asegurar que as cidades claves de Coruña e Ferrol seguiran fieis ao goberno e iso imposibilitou o triunfo dos sublevados, isto pasou tamén con Ourense que permaneceu fiel ao Goberno. O día 15 de abril reunironse en Santiago as tropas de Rubín de Celís, que mandaba o exercitodo do sur e as de Solís, que mandaba as do norte.
O 15 de abril de 1846 tomaronse en Santiago importantes decisións. Creouse unha Xunta Superior de Goberno de Galicia que se encargou de todo o poder: militar, económico, administrativo e xerencial do movemento. Nesta proclama do 15 de abril de 1846 redactada por Faraldo co nome da La Revolución, conta os obxectivos. Estes obexectivos foron: os progesistas so aspiraban a ocupar o poder en madrid e os galeguistas, que se integraron no golpe de Estado, pretendían facer as reformas necesarias, quizais na procura dunha autonomía, idea e expresión que nunca apareceu nos textos oficiais publicados pola Xunta Superior, pero que é unha consecuencia da denuncia de que Galicia era unha colonia da Corte e da opción provincialista da propia Xunta.

Ningún comentario:

Publicar un comentario