Historia da casa familiar, do meu bisavó Francisco Prego Mesías, casado con Consuelo Solis Ameneiro naturais de Cabañas. E como nos contaron os nosos pais e avós ,por motivo da guerra civil foi detido e apaleado por ser acusado de vermello.
despois de ter xa dous fillas o destino quixo que tivera trillizos, nacendo no ano 1928 tres fillos dous varón e unha nena que e a miña aboa, os cales se comenta no pobo que nese ano foi un milagre, pois naceron na mesa do comedor coa axuda dos veciños e se correu a voz pois non se daba crédito ao acontecido. Nos comentan que algun deles naceu casi sen uñas e naqueles tempos nos existían incubadoras nin nada que lle parecese e ao final os tres sairon adiante coa axuda de toda a familia. Loxicamente lles quedou por sempre o mote dos trillizos e na actualidade solo vive a miña aboa.
Durante a sua vida anduvo embarcado por moito tempo, e nun deste viaxes que fixo por todo o mundo e estando en NEW YORK no ano do famoso crak, ordenou un 29-11-1929 a compra da casa familiar que aínda pertence a familia, e adxunto copia do poder do ano 29 que como di: estando na Ciudad, Estado y Condado de NEW YORK, Estados Unidos otorga poder tan amplo a favor do su familiar Jose Brage Ameneiro para administrar todos sus bienes e inscribir a citada casa no registro da propiedade de Pontedeume, documento do cal tamen adxunto copia.
Ningún comentario:
Publicar un comentario